LETRA ANNA VIVES


Anna Vives é unha rapaza  con Síndrome de Down, autora dunha letra dixitalizada,, dispoñible para escribir en calquera procesador de texto.

lletra-anna


Ela, xunto coa Fundación Itinerarium, traballou duramente para sacar adiante este proxecto.
Como obxectivo último pretenden dala a coñecer e potenciar os valores que leva implícitos: a igualdade social e a importancia de traballar en equipo, sumando capacidades.
Así que, desde este blog, pretendemos contribuír á difusión desta fonte de letra e de todo o que este proxecto implica.
Se queredes descargar esta orixinal tipografía, pinchade en Sumant capacitats.

Comentarios