O PASO DE 6º A 1º DE ESO

Hoxe, día 27 de maio, o profesorado titor dos sextos, a coordinadora do 3º ciclo e a orientadora temos unha reunión coas familias do alumnado de sexto, co fin de informalas sobre a nova etapa que comezan os seus fillos.

Charlaremos sobre os cambios que se producen na adolescencia, sobre o cambio de etapa educativa, as características da mesma e ofreceremos pautas orientativas para afrontar esta nova etapa con tranquilidade e optimismo.

Por si acaso non podedes acudir á charla, déixovos unha presentación  que resume os temas máis importantes tratados na reunión.



Para saber máis:

Comentarios