F orientacióncondesa: QUE SABES SOBRE A EPILEPSIA?

martes, 30 de mayo de 2017

QUE SABES SOBRE A EPILEPSIA?

Cando un neno/a é diagnosticado de epilepsia, con frecuencia, a súa nova condición médica xenera certa ansiedade nel mesmo e na súa familia.
Iso é debido ao descoñecemento en torno a esta patoloxía, a que é algo que se escapa do noso control e a que, ademais, debemos enfrontarnos a falsos mitos e crenzas moi arraigadas.
A mellor maneira de axudalo é normalizar a situación, evitar sobreprotexelo e darlle toda a información que pida de acordo coa súa idade.
É moi importante que a persoa que ten epilepsia e o seu contorno máis próximo se familiaricen con este síndrome e saiban como actuar, co fin de que lles resulte máis fácil convivir con el.
Ademais é conveniente que o neno/a con epilepsia saiba que medicación precisa, cando ten que  tomala e que sinta que conta co noso apoio e coa posibilidade de falar abertamente sobre o tema cando o precise.
Con este obxectivo comparto convosco esta presentación, que utilizamos no colexio co fin de achegar e explicar aos nenos/as que é a epilepsia e como pode afectar a vida diaria das persoas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest