F orientacióncondesa: ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE


"Pretender una educación igual, al mismo ritmo, para todos los alumnos es como pretender calzar a todos los niños de la misma edad con zapatos del mismo número" (Javier Tourón, metáfora de Camila Persson Benbow)



Actualmente a lexislación sobre diversidade deixou de entendela como algo excepcional para convertela na norma: cada alumno é diverso e heteroxéneo,  ten distintas características, necesidades, ritmos, estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais.

Para atender a este alumnado diverso temos que axustar a resposta educativa a cada alumno, de xeito que cubramos as necesidades individuais do conxunto global do alumnado. Todo un reto.
Precisamos poñer en xogo todos os elementos organizativos e metodolóxicos, en aras de cubrir as necesidades educativas específicas ou non específicas que presenten os nosos alumnos. A atención á diversidade é responsabilidade de todos e cada un dos profesores do centro, asesorados polos profesionais da orientación e apoiados polas accións realizadas neste ámbito polos equipos directivos.
Educar na diversidade supón unha escola para todos, na que todos teñan cabida coas súas características individuais. Unha escola, na que se lle ofreza a cada un, aquilo que mellor lle axude  a desenvolver a súa máxima potencialidade, partindo do que é.
Unha escola capaz de desenvolver un conxunto de accións encamiñadas a previr e dar resposta as posibles necesidades de todo o alumnado do centro e, entre eles, a aquel que require unha actuación específica derivada das súas necesidades educativas especiais, de altas capacidades, de dificultades de aprendizaxe, da súa incorporación tardía ao sistema educativo, das súas condicións persoais ou de historia escolar.


Nesta páxina podes atopar información sobre:

NORMATIVA SOBRE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)
ALUMNADO CON NEE
ALUMNADO CON DEA
ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS
ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO
ALUMNADO CON ESPECIAIS CONDICIÓNS PERSOAIS OU DE HISTORIA ESCOLAR
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
EQUIPOS DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICOS
PERSOAL AUXILIAR TÉCNICO EDUCATIVO
PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
EDUCACIÓN INCLUSIVA
ATENCIÓN TEMPERÁ
ENLACES
VÍDEOS







NORMATIVA SOBRE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE








 
 
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)
Enténdese por alumnado con necesidade específica de apoio educativo aquel que requira, de forma temporal ou permanente, apoios ou provisións educativas diferentes ás ordinarias por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, Trastorno por Déficit de atención e Hiperactividade, por altas capacidades intelectuais, por incorporarse tardiamente ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar
Guía para la detección temprana de discapacidades, trastornos, dificultades de aprendizaje y altas capacidades: guía publicada polo Goberno de Canarias con protocolos e guías para a detección temperá
Necesidades específicas de apoyo educativo: Manual para as familias, editado pola Consejería de Educación Andaluza, que indica os servizos, prestacións e recursos educativos para alumnado con neae
Plan de acción para las personas con discapacidad (2006-2015): plan sobre como mellorar a vida das persoas con discapacidade en Europa:Versión en pictogramas e de fácil lectura
.

Dentro do ALUMNADO CON NEAE, podemos distinguir
ALUMNADO CON NEE
ALUMNADO CON DEA
ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS
ALUMNADO CON TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE








ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA
ALUMNADO CON NEAE POR CONDICIÓNS PERSOAIS OU DE HISTORIA ESCOLAR

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE(Extracto do Decreto 229/2011 do 7 de decembro)
Enténdese por medidas de atención á diversidade aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e estarán recollidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade e nas concrecións anuais de dito plan
Medidas ordinarias
Considéranse medidas ordinarias de atención á diversidade todas aquelas que faciliten a adecuación do currículo prescritivo, sen alteración significativa dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros educativos e ás características do alumnado.

Estas medidas teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas.

Sen prexuízo do establecido na normativa reguladora de cada etapa ou ensinanza, entre as medidas ordinarias de atención á diversidade inclúense:
a) Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características do alumnado.

b) Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado.

c) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a inclusión.

d) Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación.

e) Aulas de atención educativa e convivencia e medidas e actuacións destinadas á mellora da convivencia.

f) Desdobramentos de grupos.

g) Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria.

h) Programas de enriquecemento curricular.

i) Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas.

j) Programas de recuperación.

k) Programas específicos personalizados.

l) Programas de habilidades sociais.
Medidas extraordinarias
Considéranse medidas extraordinarias de atención á diversidade todas aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización. Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren estas insuficientes.

Para a aplicación das medidas extraordinarias será necesaria a autorización da dirección do centro educativo, do Servizo de Inspección Educativa, da xefatura territorial ou da dirección xeral que proceda, e, se é o caso, informe xustificativo do correspondente Servizo de Orientación.

Sen prexuízo do establecido na normativa reguladora de cada etapa ou ensinanza e da limitación dalgunha a ensinanzas ou etapas específicas, considéranse medidas extraordinarias de atención á diversidade, entre outras, as que seguen:
a) Adaptacións curriculares.

b) Agrupamentos flexibles.

c) Apoio do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e/ou en Audición e Linguaxe.

d) Flexibilización da duración do período de escolarización.

e) Programas de diversificación curricular.

f) Programas de cualificación profesional inicial.

g) Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada a un centro educativo.

h) Grupos de adquisición das linguas.

i) Grupos de adaptación da competencia curricular.

A consellería con competencias en materia de educación poderá establecer cantas outras medidas de atención á diversidade considere necesarias, así como o procedemento para a súa autorización.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN



    EQUIPOS DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICOS
    Galicia Los EOE en Galicia

    A intervención dos EOE nos centros educativos. Espazos e procedementos de intervención. Práctica ponencia de José Eladio Ferro, EOE Pontevedra

    EOE A CoruñaEOE Lugo
    EOE Ourense
    EOE Pontevedra


    Rede de orientación educativa
    Outras comunidades
    Equipos de Orientación Educativa de la Rioja

    Equipos de Orientación Educativa Málaga Este

    EOE Málaga Centro. Documentos de Logopedia

    EOE especializado Cádiz

    Equipo Específico de Atención Educativa al Alumnado con Ceguera y Discapacidad Visual

    EOEP Específico de TGD de Cáceres



    PERSOAL AUXILIAR TÉCNICO EDUCATIVO
    Posibles funcións
    Diseño de intervención educativa en hábitos de la vida diaria



    PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
    O Plan Xeral de Atención á Diversidade é o documento en que se articula a atención á diversidade.

    Nel concretaranse todas as actuacións e medidas de atención á diversidade que un centro educativo deseña e desenvolve para adecuar a resposta educativa ás necesidades da totalidade do seu alumnado.

    Os departamentos de orientación serán os responsables de elaborar, de acordo coas directrices da Comisión de Coordinación Pedagóxica e as achegas dos departamentos e/ou equipos de ciclo, a proposta do Plan Xeral de Atención á Diversidade, que trasladarán ao equipo directivo.

    Será aprobado polo consello escolar, por proposta do claustro do profesorado, e pasará a formar parte do proxecto educativo.

    O equipo directivo será o responsable do desenvolvemento, seguimento e avaliación do Plan Xeral de Atención á Diversidade.


    Ao comezo de cada curso escolar, os departamentos de Orientación dos centros elaborarán a proposta da concreción anual do Plan Xeral de Atención á Diversidade, que debe formar parte da programación xeral anual.

    O equipo directivo incorporará a concreción anual do Plan Xeral de Atención á Diversidade á programación xeral anual, e velará polo seu cumprimento, avaliación e memoria

    Plan Xeral  de Atención á Diversidade do CEIP Condesa de Fenosa

    EDUCACIÓN INCLUSIVA
    Plan estratégico de atención a la diversidad en el marco de una escuela inclusiva: documento que marca as liñas xerais de atención á diversidade no País Vasco (2012-2016)
    La atención al alumnado con nee en el marco de una escuela inclusiva: presentación de Manuel Vázquez Uceda na que se amosan os aspectos xerais da escola inclusiva, facendo especial fincapé o alumnado con nee
    Temario aberto sobre educación inclusiva: documento con aportacións de persoas de distintos países que pretende ser un referente nos materiais de apoio para as persoas responsables das políticas educativas
    Guía para la evaluación y mejora de la educación inclusiva: guía do goberno vasco
    Sugerencias para una intervención educativa que responda a los principios de la inclusión
    Aprender juntos alumnos diferentes: libro de Pere Pujolás sobre as comunidades educativas mediante a aprendizaxe cooperativa
    Educación Inclusiva. Iguales en la diversidad: obra colectiva publicada polo ITE que aborda o tema da inclusión educativa. Pode descargarse en PDF
    Educación inclusiva: número dezaoito da revista cuatrimestral do Consello Escolar do Estado dedicada a este tema
    Unidades didácticas Alcalá Inclusiva: material elaborado polo Equipo de Atención á Diversidade do Centro do Profesorado de Alcalá de Guadaira que pretende servir de punto de partida para traballar á diversidade cultural, de capacidades e de xénero, así como calquera outra peculiaridade que nos faga diferentes
    Guía para la autoevaluación de la práctica inclusiva en la escuela: material para a autoavaliación do centro elaborado polo Equipo de Atención á Diversidade do Centro do Profesorado de Alcalá de Guadaira
      

    ATENCIÓN TEMPERÁ
    Desarrollo infantil y atención temprana: blog con interesante información sobre detección, calendarios de desenvolvemento, materiais e programas de estimulación...
    El desarrollo infantil y la atención temprana: documento de Juan Carlos Belda que tenta ofrecer unha visión panorámica da atención temperá
    El desarrollo psicológico del niño de cero a tres años: hitos no desenvolvemento do neno de cero a tres anos e orientacións para as familias
    La actividad física del niño de cero a tres años: pautas para a estimulación motriz
    Guía del desarrollo infantil del nacimiento a los seis años: Guía realizada pola Federación Estatal de Profesionais de Atención Temperá con pautas sobre como é e que necesita un neno distas idades.
    Minusval: número desta revista dedicado totalmente á atención temperá
    Juegos y estimulos para cada etapa: actividades para a estimulación en distintas etapas
    Manual de estimulación temprana: guía de estimulación temperá do S.E.P.
    Jugar y aprender: actividades para a estimulación do bebé
    Juegos de estimulación temprana:páxina web con xogos interactivos
    El buho Boo: páxina con xogos
    Estimulación sensorial: páxina do CREENA con estimulación visual, auditiva, causa-efecto...
    Asociación Galega de Atención Temperá: asociación galega interdisciplinaria que traballa con nenos con discapacidade e as súas familias



    ENLACES
    Atención á diversidade. Xunta de Galicia
    Atención a la diversidad en Navarra
    Educarm. Portal de atención a la diversidad
    Murciadiversidad
    Educacyl. Portal de atención a la diversidad
    Educarex. Orientación y atención a la diversidad
    Junta de Andalucía. Atención a la diversidad
    Educaragón. Atención a la diversidad
    Centro de profesores y Recursos Mérida. Atención a la diversidad
    Rincón de la orientación y Atención a la diversidad
    Atención a la diversidad. Gobierno de Canarias
    Educastur. Atención a la diversidad
    Educantabria. Atención a la diversidad
    Programa Aprenda Atdi: aplicación web, que ofrece un entorno de xestión de traballo colaborativo, a través de diversas funcionalidades aos seus usuarios rexistrados en dous niveis básico (gratuíto) e avanzado
    Ticne: catálogo de solucións TIC para alumnado con neae
    Orientared: recursos para a atención á diversidade
    .

    VÍDEO




    Mais recursos:

    Recursos para la atención a la diversidad: Materiais, enlaces, experiencias educativas, lexislación, xogos e utilidades relacionadas coa resposta á diversidade de nosas aulas


    Atención a la diversidad en la página del CEDEC

    1 comentario :

    1. Boas Natalia! Cheguei ata este recuncho buscando unha fonte de inspiración e atopeime moito máis.
      Son Silvia, opositora da especialidade de Pedagoxía Terapéutica. Logo de 25 tema, un intento de Plan de Apoio e miles de conceptos enliados na miña pequena cabeza, atopeime co teu blog! Hei de decirche que me aclaraches moitas dúbidas, moitos conceptos e que me amosaches novas perspectivas dende as cales a atención a diversidade e o intrincado labirinto no que se leva a cabo, cobra un pouco máis de sentido.
      Ademais, gustariame preguntarche de quen é a imaxe que ilustras o comezo deste post, a de varias persoas colocadas en asentos de diferentes tamaños, pero todos acadan a mesma altura. Pareceme moi ilustrativa da diversidade, é gustaríame incluila na portada do plan de apoio.
      Sen mais, felicidades polo teu traballo! Unha aperta

      ResponderEliminar

    Non esquezas deixar o teu comentario

    divpinterest